- Details
- 02/10/2026
Programa SICUE
O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite realizar un periodo de estudos (un semestre ou curso completo) nunha universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, é dicir, sen traslado de expediente.
O Coordinador/a de mobilidade é a persoa encargada, con apoio do equipo administrativo do centro e da universidade, de xestionar todo o proceso administrativo, do asesoramento do estudantado, tanto propio como de acollida, e de organizar a difusión da información.
A información sobre o programa difundese na páxina web da facultade e organizanse anualmente reunións informativas e de asesoramento.
O estudantado ten á súa disposición información sobre os plans de estudos dos centros de destino.
Welcome to the Faculty of Economic and Business Sciences of the University of Vigo.
From here, we are committed to welcoming international students, supporting, motivating and advising them throughout their stay in our faculty.
The following subjects are available in English. We also have a section of frequently asked questions and answers to resolve any doubts that may arise.
And remember, wherever you come from, we will be delighted to welcome you.
Business Administration & Management
| Code | Subject | ECTS Credits | Year | Semester | |
| 19291 | Business: Business Management | 6 | 1º | 2 | |
| 19299 | Investment Decisions | 6 | 2º | 2 | |
| 19304 | Marketing Management 2 | 6 | 3º | 1 | |
| 19305 | Strategic Management | 6 | 3º | 1 | |
| 19308 | Accounting Analysis | 9 | 3º | 2 | |
| 19310 | International Strategic Management | 6 | 3º | 2 | |
| 19329 | Knowledge and Technological Innovation Management | 6 | 4º | 1 | |
| 19330 | Advanced Financial Accounting | 6 | 4º | 2 |
Degree in Economics
| Code | Subject | ECTS Credits | Year | Semester | |
| 20110 | Economics: Principles of Economics I | 6 | 1º | 1 | |
| 20119 | Spanish Economy | 6 | 2º | 1º | |
| 20120 | Finance | 9 | 2º | 1 | |
| 20125 | Statistics II | 6 | 2º | 2 | |
| 20127 | Econometrics I | 6 | 3º | 1 | |
| 20128 | Public Economics (Microeconomics knowledge required) | 9 | 3º | 1 |
A configuración dos novos graos universitarios que contan cunha menor duración e cunha estrutura académica máis flexible que as vellas Licenciaturas, facilitan o que ata non fai moito tempo era practicamente impensable. Que un estudante poida simultanear estudos de dúas carreiras e conseguir ambos títulos en apenas cinco ou seis anos, contando cun profundo coñecemento tanto de ADE coma de Dereito.
Un dos sectores académicos e profesionais onde máis conexións existen e onde máis frutífera pode ser esta simultaneidade de estudos é o triángulo delimitado polos ámbitos xurídico, empresarial e económico. De feito, en España, a simultaneidade de estudos ADE–Dereito e un dos programas máis demandados por parte do estudantado universitario.
Así, á vista da gran demanda existente, e tratando de aproveitar e de aprender da experiencia doutras universidades, e tendo como obxectivo principal o de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, desde o curso 2014/2015 un/unha estudante pode cursar de forma simultánea os estudos de Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE) e Grao en Dereito e conseguir ambos títulos en cinco anos.
Normativa específica do título
Interese formativo
A simultaneidade en Administración e Dirección de Empresas e Dereito permite que o alumando obteña un perfil profesional de gran proxección no mercado laboral ao capacitalo en dúas disciplinas complementarias e que ao mesmo tempo son cada vez máis demandadas nesta sociedade tanto no sector público coma privado. Co dobre grao ADE – Dereito, os titulados poderán beneficiarse das vantaxes das dúas carreiras, contando cun perfil profesional máis versátil, que lles permitirá multiplicar as saídas laborais relacionadas coa xestión empresarial ou co desempeño do dereito, e a converterse en profesionais preparados e polivalentes aos ollos de empresas e institucións.
Os coñecementos adquiridos nas materias relacionadas co dereito, permitirán que os alumnos podan chegar a ser avogados, xuíces, ou fiscais polo que ó rematar os seus estudos estarán capacitados para aplicar e interpretar a lexislación vixente, así como para representar e defender ós cidadáns ante os conflitos que se lles formulen. Pola súa banda, as materias relacionadas con ADE, permitirán que o alumnado adquira os coñecementos relacionados coa área económica e empresarial, sendo capaces de dirixir, organizar e xestionar, así coma de crear empresas e asesorar ós emprendedores na posta en marcha das súas empresas.
Obxectivo
O obxectivo deste grao é o de formar persoas coñecedoras da empresa como realidade social e económica, que sexan capaces de desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións e que conten coas habilidades necesarias para desenvolver eses labores no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais.Ademais, dado que o sector empresarial e o mundo xurídico son inseparables a simultaneidade ADE – Dereito pretende abrir ao alumnado un amplo rango de posibilidades de inserción laboral.
A quen se dirixe
A simultaneidade ADE – Dereito está orientada a todas aquelas persoas interesadas pola economía e a empresa, que teñan iniciativa e espírito de liderado para crear e xestionar negocios xeradores de emprego, con capacidade para integrar e dirixir equipos e para a toma de decisións, e co dinamismo necesario para enfrontarse aos problemas da sociedade actual e para propor solucións. Ademais, este grao está pensado para todas aquelas persoas que teñan unha clara vocación empresarial, onde unha única titulación non é suficiente senón que é de vital importancia demostrar competencias.
Os estudantes recibirán a formación, os coñecementos e as metodoloxías necesarias en ambos campos. Así, formaranse profesionais capaces de realizar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas que poderán ser desenvolvidas no ámbito global da organización ou en calquera das áreas funcionais: produción, recursos humanos, finanzas, comercialización, inversión, administración ou contabilidade. E por outro lado proporciona unha formación xurídica básica que engloba tanto os coñecementos teóricos sobre a lexislación como as ferramentas metodolóxicas necesarias para poder interpretala e aplicala.
Saídas laborais
O triángulo delimitado polos ámbitos xurídico, empresarial e económico é un dos sectores académicos e profesionais onde máis conexións existen e onde máis frutífera é a simultaneidade de estudos. Os novos estudantes que desexen optar polo programa conxunto ADE-Dereito poderán entrar no mercado laboral ou profesional coa clara vantaxe competitiva que supón contar con ambos títulos. Así, este dobre grao permitirá sumar as saídas profesionaisdos graduados en dereito coas dos graduados en ADE o que lles aportará un valor engadido, xa que lles permitirá acceder tanto a alta dirección empresarial coma aos grandes despachos profesionais e aos corpos superiores da administración pública.
Coordinación
Ana Pérez González+34 988 368 768
Desde hai máis de 50 anos o turismo é un dos motores da economía española e segundo as previsións da Organización Mundial do Turismo prevese que o turismo seguirá crecendo nas próximas décadas incluso nas épocas de crise.
É por isto que cada vez faise necesario a existencia dun maior número de profesionais cualificados que desempeñen as tarefas tanto de xestión como de administración nas empresas e institucións turísticas. Isto permitirá que o sector turístico español aposte pola sustentabilidade e que aumente a calidade da súa oferta para que siga sendo un referente en todo o mundo.
O Grao en Turismo ofrece a oportunidade de adquirir coñecementos multidisciplinares, xa que abrangue diversas áreas de estudo (economía, idiomas, xeografía, comunicación ou novas tecnoloxías), e específicos (intermediación, aloxamentos, patrimonio, xestión de recursos turísticos…).
A formación teórica, a mobilidade internacional e as prácticas en empresas e institucións turísticas proporcionarán ao alumnado unha visión internacional dunha industria innovadora e en constante cambio, unha visión real do sector e unha experiencia moi valiosa á hora de enfocar o seu futuro profesional.
Interese formativo
Este grao forma profesionais especializados en materia turística capaces de contemplar as necesidades da xestión empresarial e o aproveitamento turístico dos recursos naturais e culturais, cun coñecemento global de todas ás áreas relacionadas co turismo (marketing, xestión empresarial, planificación estratéxica, idiomas, xestión de aloxamentos e restauración, economía ambiental, comercio internacional, xeografía, socioloxía…), e con capacidade de liderar novos proxectos e de adaptarse a un entorno de rápida evolución.
As persoas tituladas serán capaces de identificar e anticipar as oportunidades, asignar recursos, organizar información, tomar decisións, alcanzar os obxectivos propostos e analizar os resultados. Ademais, a súa formación permitiralles incorporarse en empresas ou en organizacións do sector turístico e desempeñar as funcións propias da dirección corporativa e institucional, xestión de destinos turísticos, dirección comercial de intermediarios turísticos, hoteis, axencias de viaxes ou de calquera outra entidade pública ou privada, nacional ou internacional relacionada con turismo.
Obxectivo
O obxectivo do Grao en Turismo é formar profesionais especializados na xestión empresarial e no aproveitamento turístico tanto de recursos naturais coma culturais. Así, os estudantes estarán formados para desempeñar o seu traballo nas diferentes áreas funcionais dunha empresa ou institución dedicada ao sector turístico.
A quen se dirixe
O Grao en Turismo orientase a persoas que se sintan interesadas por diversas culturas; que teñan capacidades comunicativas e facilidade para aprender novos idiomas; que sexan capaces de traballar en equipo en ámbitos multiculturais e que teñan iniciativa, creatividade e vontade de servizo.
Saídas laborais
O Grao en Turismo ofrece múltiples saídas laborais tanto en empresas como en organizacións do sector turístico. Así os graduados poderán levar a cabo traballos de: dirección corporativa e institucional, xestión de destinos turísticos, dirección de hoteis, dirección comercial de intermediarios turísticos, dirección de axencias de viaxes ou de entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais; aloxamento, restauración, intermediación, planificación e xestión pública de destinos, transporte e loxística, formación, investigación, consultaría e creación de produtos turísticos ou en calquera campo relacionado con ocio e o tempo libre.
Coordinación
Noelia Araújo Vila+34 988 368 865
