A facultade sempre se destacou polo seu compromiso pola innovación, a calidade e a excelencia educativa, preparando profesionais capaces de asumir retos acordes ás circunstancias existentes en cada momento. Sempre en continua interacción coa nosa sociedade e permitindo que o noso alumnado conte coa mellor formación universitaria de calidade, que garanta o seu futuro laboral, en continua formación, e que lles permita afrontar os retos que se lle presenten ante unha sociedade cambiante.
Foi no ano 2002, cando, a por entón facultade de Ciencias Empresariais (que contaba con preto de 1.500 estudantes e 80 docentes) puxo en marcha o seu primeiro Plan Estratéxico, que pretendía asentar uns obxectivos básicos para o seu desenvolvemento e competitividade, tendo en conta a contorna e as necesidades daquel momento.
Hoxe en día, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo conta cun destacado equipo de profesores especializados en cada un dos ámbitos disciplinarios (sendo a porcentaxe de profesorado doutor para o grao de turismo do 64’44% para o curso 2023/2024 e do 56,45% para o grado en administración e dirección de empresas), e posúe unha infraestrutura e recursos necesarios para promover os obxectivos que expomos na propia misión e visión do centro.
Con todo, nun contexto de cambio, como no que nos atopamos actualmente, xunto cos actuais desafíos aos que nos enfrontamos, a necesidade de adaptación á transformación dixital, o mantemento da calidade do noso sistema a través da innovación e a investigación, a ampliación do número de titulacións, garantir o acceso a persoas con necesidades educativas especiais, a loita contra a brecha de xénero, a sustentabilidade, fan que sexa necesario a redacción do presente programa, froito dun traballo conxunto, participativo e integrador, que nos permita identificar novas áreas de mellora e oportunidades de innovación cara á excelencia do noso centro.
Neste senso, queremos salientar que a estrutura do programa baséase na guía elaborada pola Universidade de Vigo e ten en conta o marco xeral que supón o Plan Estratéxico da Universidade de Vigo 2021-2026.