Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O luns, 7 de setembro de 2026, ás 9.00 h, ten lugar na Aula Magna José Ángel Valente, da Facultade, un acto de acollida para o estudantado de novo ingreso do curso 2026/2027.

 

No acto de benvida o decano recibe o estudantado de novo ingreso presentando os membros do equipo e coordinadoras de grao. A continuación explicase a organización académica do centro e os recursos dos que se dispoñen para acadar os obxectivos formativos dos diferentes programas. Realizase tamén a presentación das materias do primeiro cuadrimestre dos graos impartidos no centro. Para rematar infórmase sobre o plan de acción titorial (PAT), os programas de internacionalización do centro e os representantes da delegación de estudantado e/ou asociacións interveñen falando de cuestións do seu interese.

Obxectivos

O obxectivo principal é dar a benvida e facilitar a integración dos novos estudantes, así como proporcionar información relevante sobre a facultade e os seus servizos. Esta xornada busca crear un ambiente acolledor, responder as preguntas e axudar aos estudantes para establecer conexións coa comunidade universitaria, así como a presentación das actividades máis importantes que se desenvolven na FCETOU.

Persoas destinatarias

Estudantado de novo ingreso nos primeiros cursos de ADE, Turismo, PCEO ADE-Informática, PCEO ADE-Dereito e PCEO Turismo-Xeografía e Historia.

 

 Programa da Xornada de Benvida 2026/2027