Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Compromiso coa Igualdade

A igualdade constitúe un principio fundamental na construción dunha comunidade universitaria xusta, inclusiva e respectuosa. A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, como centro integrante da Universidade de Vigo, asume o compromiso de promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes en todos os ámbitos da súa actividade.

Neste contexto, na facultade traballamos na creación dunha contorna académica baseada na igualdade de oportunidades, a non discriminación e o respecto á diversidade.

En particular, temos como liñas de actuación prioritarias:

  • A integración da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.
  • A promoción de accións de sensibilización e formación en materia de igualdade dirixidas á comunidade universitaria.
  • O fomento da participación equilibrada nas actividades académicas e institucionais do centro.
  • A garantía dun ambiente seguro, respectuoso e libre de calquera forma de discriminación.

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense desenvolve estas actuacións en coherencia co Plan de igualdade de Universidade de Vigo e en coordinación coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

 

 

Enlace de Igualdade

Isabel Diéguez Castrillón
+34 988 368 740
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.