As prácticas académicas externas constitúen unha actividade académica de natureza formativa co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos polo estudantado nos seus estudos.
Poden adoptar dúas modalidades:
- Prácticas externas curriculares: son actividades académicas integradas como materias dun plan de estudos do Centro. No caso das titulacións que se imparten na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, esta materia está presente en:
- Prácticas externas extracurriculares: son de carácter voluntario e realizaranse durante o período de formación e, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plan de estudos.
Onde se poden realizar
- Entidades colaboradoras de ámbito nacional
Empresas, institucións ou entidades públicas ou privadas cando exista un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo. - Na propia Universidade de Vigo
En unidades e servicios da propia Universidade de Vigo cando exista un acordo interno entre o responsable académico e o responsable da unidade ou servizo de acollida. Este acordo debe contar co visto prace do Vicerrectorado correspondente ou a xerencia, de ser o caso. - Prácticas internacionais
Cando as prácticas se realicen no estranxeiro, poderán levarse a cabo dentro do marco Erasmus o ben como prácticas con convenio de cooperación educativa. Para máis información, podes consultar a web da Oficina de Relacións Internacionais
Xestión das prácticas externas
A xestión das prácticas externas implica a obrigatoriedade da sinatura previa de certa documentación. En primeiro lugar, a sinatura dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a entidade onde se vaian realizar as prácticas, e en segundo lugar, a sinatura polo estudantado, pola persoa titora académica e pola persoa titora na entidade onde se vaian realizar as prácticas do documento de formalización da práctica. Ningún estudante poderá iniciar as súas prácticas sen que previamente estea asinada toda esta documentación.
Requisitos xerais para realizar as prácticas externas
- Prácticas externas curriculares:
- O estudante debe estar matriculado na materia vinculada ao plan de estudos de que se trate e cumprir os requisitos que neste se establezan.
- Estas prácticas serán xestionadas polos coordinadores de cada título (grao ou mestrado).
- Prácticas externas extracurriculares:
- Estar matriculado na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo nos estudos relacionados coa práctica extracurricular.
- Ter superado no momento da realización destas prácticas o 50% dos créditos necesarios para obter a titulación.
- Estas prácticas serán xestionadas pola Fundación da Universidade de Vigo (FUVI) en colaboración co coordinador dos graos da FCETOU.
Documentos e ligazóns de interese
- Ofertas de Prácticas Extracurriculares da UVigo
- Oferta de prácticas internacionais:
- Ofertas de emprego na UVigo
- Empresas con convenio coa UVigo
- Normativa e documentación sobre prácticas da UVigo
- Regulamento de prácticas na FCETOU
- Programa Conecta Talento para titulados
Coordinación
Grao en ADE e Grao en Turismo
Mercedes Mareque Álvarez-Santullano
+34 988 368 728
Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
Noelia Araujo Vila
+34 988 368 865
Máster en Xestión Empresarial do Deporte
Elena Gallego Rodríguez
+34 988 368 718
Fundación Universidade de Vigo
Sandra Morales Lloves
+34 988 368 898