Nunha sociedade do coñecemento, o triángulo da intelixencia turística está composto ao unísono pola formación, a investigación e a innovación. O Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde oferta a formación e prepara para a investigación e a innovación.
A calidade do programa e do profesorado (académicos, investigadores e profesionais do sector turístico), o nivel de especialización e a capacidade que ofrece para realizar prácticas en empresas, unido a unha metodoloxía de ensino que prima o traballo en equipo e presenta a posibilidade de aprender mediante a análise e a resolución dos casos reais, e as experiencias e coñecementos que transmiten os docentes, fan que este máster se adapte ao mercado laboral, e por conseguinte brinde posibilidades reais en termos laborais.
O máster conta con máis de 10 anos de experiencia, iniciando a súa andaina no ano 2006 co Master Oficial en Dirección e Planificación do Turismo. No ano 2011 este sofre unha reforma e da paso ao actual máster.
Información de interese
- Tipo de ensino: presencial 1, semipresencial 2
- Prazas: 25 1 + 15 2 prazas
- Periodicidade da oferta: anual
- Duración: 60 créditos ECTS
Coordinación
Jose Antonio Fraiz Brea
+34 988 368 738
jafraiz@uvigo.es
Matrícula
Área de Estudos de Máster
+34 988 368 803 / 368 910 / 368 909
administracionposgrao.ourense@uvigo.es