A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade de A Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, e coa participación da Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria (AGAEDES), está a organizar a fase local da Olimpíada Española de Economía, que se desenvolverá o vindeiro día 11 de abril de 2025, na súa XV edición.