Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión que ten como obxectivo fundamental impulsar, en colaboración con empresas, administracións e outras institucións, a empregabilidade do alumnado e das persoas tituladas da Universidade de Vigo.

Axencia de colocación-JobTeaser

JobTeaser é a plataforma que usa a UVigo para xestionar as ofertas de emprego da Axencia de Colocación da Universidade de Vigo. Esta plataforma inclúe contido reservado para os membros da comunidade universitaria, tanto para o estudantado como para os membros Alumni-UVigo.

A través da plataforma poderás:

  • Coñecer ofertas de emprego, nacionais e internacionais, moitas delas exclusivas para a nosa universidade, así como bolsas de formación práctica, relacionadas co teu perfil profesional e os teus criterios de procura.
  • Descubrir as entidades colaboradoras da Universidade de Vigo e acceder a vídeos de presentacións de empresas e de profesións seleccionadas por sector de actividade.
  • Acceder a consellos e recursos para a procura de emprego e á axenda de eventos da área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.
  • Recibir unha newsletter semanal con información de noticias e eventos que poden axudarche a mellorar a túa empregabilidade e facilitar o teu acceso ao mercado laboral.

Inscríbete en JobTeaser!

Accede a JobTeaser

Formación para o emprego

Nos procesos de selección a adecuación das candidaturas aos perfís profesionais demandados polo mercado laboral é importante pero tamén contar con habilidades para a procura de emprego é determinante. A unidade de Emprego e Emprendemento axudarache mediante a organización de accións formativas (cursos, xornadas etc.) para promover a túa aprendizaxe e o desenvolvemento das túas habilidades.

Máis información

Orientación laboral

Para optimizar tempos, recursos e esforzos é preciso contar co asesoramento adecuado. A Área de Emprego e Emprendemento conta cun servizo de orientación laboral que te axudará a analizar o mercado laboral, definir o teu perfil profesional e trazar un itinerario de procura de emprego.

Anímate a solicitar unha entrevista individualizada á Área de Emprego e Emprendemento.

Máis información Solicita entrevista

Feiras de emprego

EmpleoinCampus

Esta feira que se celebra nos tres Campus da UVigo ofréceche a oportunidade de coñecer de primeira man a demanda de persoal de entidades de moi diversos sectores, así como de contactar directamente coas persoas responsables de procesos de selección.

Ao rexistrarche poderás entregar o teu currículo ás empresas a través dun código QR. Ademais de visitar as mesas informativas, terás a oportunidade de participar en actividades de gran valor engadido antes e durante a feira.

Máis información

Ofertas de emprego UVigo

No seguinte link da web da UVigo podes atopar ofertas de emprego que van chegando desde diversas entidades á universidade.

Consulta ofertas Novas sobre emprego