Competencia Básica 1 (CB1):
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

Competencia Básica 2 (CB2):
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

Competencia Básica 3 (CB3):
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

Competencia Básica 4 (CB4):
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.

Competencia Básica 5 (CB5):
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

Competencia Xeral 1 (CG1):
Habilidades no manexo das TIC para a procura e uso da información.

Competencia Xeral 2 (CG2):
Ser capaz de analizar, sintetizar e administrar datos derivados das observacións usando os fundamentos técnicos cuantitativos e de predición.

Competencia Xeral 3 (CG3):
Capacidade para interpretar criticamente datos e texto.

Competencia Xeral 4 (CG4):
Dominio do inglés e perfeccionamento e intensificación, como mínimo, dunha segunda lingua estranxeira.

Competencia Xeral 5 (CG5):
Capacidade de comunicación oral e escrita.

Competencia Xeral 6 (CG6):
Mobilidade e adaptabilidade a diferentes medios e situacións.

Competencia Xeral 7 (CG7):
Capacidade de traballo en equipo, así como a nivel individual.

Competencia Xeral 8 (CG8):
Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo.

Competencia Xeral 9 (CG9):
Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nun contexto académico especializado.

Competencia Xeral 10 (CG10):
Capacidade para tornar un problema empírico en obxecto de investigación e elaborar conclusións.

Competencia Específica 1 (CE1):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos axentes económicos que interveñen no turismo e das relacións que se establecen entre eles.

Competencia Específica 2 (CE2):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto de políticas públicas, estrutura e evolución dos mercados turísticos: relacións nacionais e internacionais.

Competencia Específica 3 (CE3):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos recursos naturais, culturais e patrimoniais relacionados coa actividade turística.

Competencia Específica 4 (CE4):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto das diferentes manifestacións antropolóxicas, culturais e sociais que incentivan a actividade turística.

Competencia Específica 5 (CE5):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos fundamentos da xestión de empresas turísticas: problemas económicos internos e interrelacións entre os distintos subsistemas.

Competencia Específica 6 (CE6):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos fundamentos da mercadotecnia turística así como obxectivos, estratexias e políticas comerciais.

Competencia Específica 7 (CE7):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto da xestión da información financeira e analítica da empresa turística.

Competencia Específica 8 (CE8):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto do marco legal que regula as actividades turísticas.

Competencia Específica 9 (CE9):
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto das técnicas básicas de investigación e prospectiva en materia turística.

Competencia Específica 10 (CE10):
Analizar e avaliar os impactos xerados polo turismo.

Competencia Específica 11 (CE11):
Identificar os procesos operativos en empresas turísticas.

Competencia Específica 12 (CE12):
Comprender o comportamento das persoas en empresas turísticas e aplicar as técnicas e métodos de dirección de persoal.

Competencia Específica 13 (CE13):
Avaliar alternativas de planificación, dirección e control de empresas turísticas, así como saber tomar decisións estratéxicas.

Competencia Específica 14 (CE14):
Desempeñar actividades profesionais en inglés e outras linguas estranxeiras dentro do sector turístico.

Competencia Específica 15 (CE15):
Orientación do servizo ao cliente.

Competencia Transversal 1 (CT1):
Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos.

Competencia Transversal 2 (CT2):
Compromiso ético.

Competencia Transversal 3 (CT3):
Creatividade.

Competencia Transversal 4 (CT4):
Iniciativa empresarial.

Competencia Transversal 5 (CT5):
Motivación pola calidade.