O TFG forma parte dos plans de estudos dos títulos de grao que se imparten na FCETOU. Consistirá na realización dun traballo orixinal e inédito por parte do estudantado que deberá facer de xeito persoal e autónomo, seguindo as orientacións dun titor/a académico

O TFG estará orientado a que cada estudante amose a capacidade de integración dos diversos contidos formativos recibidos e a adquisición das competencias reflectidas na guía docente da materia. En particular, deberá contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades:

  • Definir a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con un ou varios dos ámbitos de coñecemento presentes no grao
  • Levar a cabo o traballo proxectado
  • Presentar e defender publicamente o TFG

Premios TFG José Manuel Pérez Canal

FCETOU – Colexio de Economistas de Ourense
Estes galardóns xorden no marco do convenio de colaboración existente entre o órgano colexial e a Universidade de Vigo. Na sétima edición pasaron a denominarse Premios TFG José Manuel Pérez Canal en homenaxe ao falecido presidente da Confederación Empresarial de Ourense. Na súa lembranza salientouse como para as futuras xeracións de persoas empresarias que se están formando nesta facultade “é un referente” pola súa traxectoria e valores “e un exemplo de compromiso profesional, familiar e persoal con Ourense”.

Máis información

 

 

Traballo Fin de Grao – Curso 2022/2023

Normativas do TFG

Normativa do Traballo de Fin de Grao da UVigo
Regulamento do Traballo de Fin de Grao na facultade

Datas Relevantes curso 2022/2023
Propostas temáticas 2022/2023
Tribunais do TFG 2022/2023

 

Calendario de defensa do TFG

Convocatoria Solicitude * Defensa **
Fin de carreira 04/11/2022 – 10/11/2022 17/11/2022 – 18/11/2022
Febreiro 10/02/2023 – 16/02/2023 27/02/2023 – 28/02/2023
Xuño 12/06/2023 – 19/06/2023 03/07/2023 – 04/07/2023
Xullo 12/07/2023 – 19/07/2023 26/07/2023 – 27/07/2023
Setembro 01/09/2023 – 07/09/2023 11/09/2023 – 12/09/2023

* A solicitude realizarase a través da plataforma habilitada na secretaría virtual da UVigo.
** A defensa e avaliación do TFG require a superación da totalidade das restantes materias do título.

 

Coordinación do Traballo Fin de Grao

Francisco Javier Sánchez Sellero
+34 988 368 742
javiss@uvigo.es