Unha conferencia afonda nas estratexias de márketing adaptadas ao emprendemento

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebrou este xoves a conferencia Estratexias de márketing para emprendedores/as: a importancia dos activos intanxibles. Nela, Alicia Cándida Blanco, catedrática da Área de Comercialización e Investigación de Mercados da Universidad Rey Juan Carlos, explicou aos membros da comunidade universitaria presentes algunhas das claves específicas que deben ter en conta as e os emprendedores para conseguir atopar un oco nun mercado cada vez máis complexo.

A relatora, presentada polo catedrático da UVigo José Antonio Fraiz, centrouse en explicar como as e os emprendedores poden xestionar os activos intanxibles dos seus proxectos para obter bos resultados. Como premisa de partida, lembrou que os obxectivos tradicionais que contemplan os plans de empresa non se adecúan ás necesidades das e dos emprendedores, xa que estes non dispoñen de activos como a marca, a reputación e mesmo ventas. Pola contra, ao longo da súa intervención foi analizando algúns dos activos intanxibles que si poden aplicar, citando entre eles a lexitimidade, a aceptación social do emprendemento. Pondo exemplos de emprendedoras e emprendedores lexitimados que si lograron sacar adiante os seus proxectos, Alicia Cándida Blanco foi achegándose ao longo da súa conferencia a cuestións moi importantes para os emprendementos tales como xerar unha rede de socios para ter máis fortaleza, atraer recursos humanos ou aproveitar os beneficios dos  viveiros de empresas.

Ler a noticia completa no DUVI