O luns, 6 de setembro de 2021, ás 10.00 h, terá lugar, na Aula Magna da Facultade, un acto de acollida para o estudantado de grao do curso 2021/2022.
No acto de benvida o decano recibe o estudantado de novo ingreso presentando o centro e explicando a organización académica do mesmo e os recurso dos que se dispoñen para acadar os obxetivos formativos dos diferentes programas, a composición e labor dos organos colexiados e o PAT do centro. Presentarase os membros do equipo e coordinadores de curso. Unha persoa representante da delegación de estudantado e/ou asociacións intervirá informando de cuestions do seu interese; ademais, o persoal da biblioteca informará sobre o seu funcionamento e as posibilidades que este servizo ofrece.
O persoal do Servizo de Deportes, da Oficina de Voluntariado e da Oficina de Relacións Internacionais presentes no acto fan unha breve descrición dos servizos que ofrecen e os principais programas que xestionan. Tamén invitan ao estudantado para achegarse ás súas instalacións e ampliar a información que desexen.
Obxectivos
- Facilitar ao estudantado o tránsito dende o ensino de secundaria ao ensino universitario
- Presentar ao estudantado de novo ingreso os graos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
- Dar a coñecer ao estudantado de novo ingreso os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e, en concreto, na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Persoas destinatarias
Estudantado de novo ingreso nos primeiros cursos de ADE, Turismo, PCEO ADE-Informática, PCEO ADE-Dereito e PCEO Turismo-Xeografía e Historia.
Programa da xornada
Hora | Actividade |
---|---|
10.00 h | Recepción e benvida. Presentación da equipa decanal María Montserrat Cruz González (decana) Alberto Vaquero García (secretario) Juan Manuel de los Ríos Sánchez (vicedecano de calidade) Elena de Prada Creo (vicedecana de relacións internacionais) Francisco Tugores Martorell (vicedecano de organización académica e estudantado) Francisco Javier Sánchez Sellero (vicedecano de graos e xestión informática) Mónica Villanueva Villar (coordinadora do Grao en ADE) María Dolores Rivero Fernández (coordinadora do Grao en Turismo) Marcos Álvarez Díaz (coordinador Erasmus) |
10.15 h | Presentación do Colexio de Economistas de Ourense Mª del Carmen Sampayo David (presidenta e decana do colexio) |
10.25 h | Organización da docencia na facultade Francisco Tugores Martorell Mónica Villanueva Villar María Dolores Rivero Fernández |
10.35 h | As guías docentes e o uso da plataforma FaiTIC. Infraestruturas Francisco Javier Sánchez SelleroQSP, enquisas e PAT Juan Manuel de los Ríos Sánchez |
10.45 h | Estudar no estranxeiro. Programa de docencia en inglés. Dobre grao FCETOU e Hochschule Bremerhaven Elena de Prada Creo Marcos Álvarez Díaz |
10.55 h | Delegación de estudantes Representantes da delegación de estudantes |