O Programa Universitario de Maiores desenvólvese nos tres campus da Universidade de Vigo e pretende facilitarlles ás persoas adultas o seu desenvolvemento cultural, social e persoal, e colaborar con eles en xusta correspondencia ao que, co seu traballo e esforzo, achegaron á nosa institución.
Trátase, pois, dunha oferta de estudos para as persoas que, por diferentes razóns, non puideran acceder á universidade no seu momento ou que, sendo xa titulados, teñan inquietudes por continuar a súa formación.