Ciencias Empresariais e Turismo renova na directiva da Conferencia Española de Decanas y Decanos de Economía y Empresa

A Conferencia Española de Decanas y Decanos de Economía y Empresa (Confede), entidade que reúne a máis de 70 centros oficiais autorizados que imparten ensinanzas universitarias de grao do ámbito da economía e a empresa en España, acaba de renovar a súa directiva. Nela, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense volve a ter un protagonismo destacado asumindo a súa secretaría xeral.

A citada facultade, implicada activamente na Confede desde os seus inicios, participou por primeira vez na súa dirección como vogal representante da universidade pública dende 2021 ata 2022, cando pasou a encargarse da súa secretaría xeral (posto que xa ocupara en 2012). Froito desta relación, o pasado mes de novembro o campus de Ourense acolleu a xuntanza desta conferencia de decanas e decanos. Vinculada á Confede, este ano o centro da UVigo tamén asumiu a secretaria xeral da parte de España do Consejo Iberoamericano de Decanos/as de Economía e Empresa (Conidece).

A Confede, cuxos centros aglutinan a arredor de 200.000 estudantes e 12.000 docentes, celebrou os días 23 e 24 de maio en Málaga unha xuntanza na que ademais de abordar temas de interese para os seus membros procedeu a elixir unha nova directiva, na que Raúl Ruiz tomou o relevo a Eugenio Luque como presidente. “A nova directiva conta de novo coa nosa facultade, no cargo de secretaría xeral da mesma, así como no da secretaría xeral de Conidece. Nesta nova etapa quérese impulsar a coordinación e o dialogo entre universidades e alcanzar obxectivos compartidos tanto a nivel nacional como internacional”, explica Mª Montserrat Cruz, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ourensá.

Ler a noticia completa no DUVI