A partir de mañá mércores, 3 de marzo, e ata final do cuadrimestre; os 5 GMs de Estatística (os 4 de ADE e o PCEO ADE-Dereito), terán lugar nas aulas 1A, 1B e 1C. Mentres que os 4 GMs de ADE de Economía Española e Mundial celebraranse nas aulas 1D e 1E. O cambio referido permite acadar un maior espazo de docencia en ambas materias con presencialidade total, evitando rotacións. Co mesmo obxectivo múdanse os espazos da materia Xestión de Aloxamentos (3º Turismo), nos GMs dos mércores, agora serán nas aulas 1D e 1E; así como na materia Mercadotecnia Sectorial no GM2 dos mércores de 9,30 a 11h. (agora tamén nas aulas 1D e 1E).
Os devanditos cambios están tamén reflectidos nos horarios de cada curso na nosa páxina web.
Sentimos as molestias.