O TFG forma parte dos plans de estudos dos títulos de grao que se imparten na FCETOU. Consistirá na realización dun traballo orixinal e inédito por parte do estudantado que deberá facer de xeito persoal e autónomo, seguindo as orientacións dun titor/a académico

O TFG estará orientado a que cada estudante amose a capacidade de integración dos diversos contidos formativos recibidos e a adquisición das competencias reflectidas na guía docente da materia. En particular, deberá contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades:

  • Definir a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con un ou varios dos ámbitos de coñecemento presentes no grao
  • Levar a cabo o traballo proxectado
  • Presentar e defender publicamente o TFG

Premios TFG José Manuel Pérez Canal

Estes galardóns pasaron a denominarse Premios TFG José Manuel Pérez Canal en homenaxe ao falecido presidente da Confederación Empresarial de Ourense. Na súa lembranza salientouse como para as futuras xeracións de persoas empresarias que se están formando nesta facultade “é un referente” pola súa traxectoria e valores “e un exemplo de compromiso profesional, familiar e persoal con Ourense”.

Máis información

 

Normativas do TFG

Normativa do Traballo de Fin de Grao da UVigo
Regulamento do Traballo de Fin de Grao na facultade

 

Traballo Fin de Grao – Curso 2024/2025

Calendario do TFG 2024/2025
Propostas temáticas 2024/2025
Tribunais do TFG 2024/2025
 
Informe do titor/a do TFG

Solicitude do TFG

Grao en ADE ou Turismo | PCEO ADE-Dereito | PCEO ADE-Informática | PCEO Turismo-Xeografía e Historia


 

Coordinación do Traballo Fin de Grao

Francisco Javier Sánchez Sellero
+34 988 368 742
javiss@uvigo.es