Infraestruturas

 
A FCETOU conta con recursos materiais e servizos adecuados e suficientes para o desenvolvemento das actividades formativas planificadas nos seus títulos. Así mesmo, as instalacións cumpren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade dos mesmos para persoas discapacitadas e todos os anos revísanse e eméndanse as posibles incidencias respecto diso en colaboración coa vicerreitoría correspondente e a Unidade Técnica da Universidade de Vigo.

Plan de Prevención e Control sanitario fronte á COVID-19 – Curso 2021/2022

Recursos materiais

Aula

AULAS DE TEORÍA GRANDES

Aulas 1.1, 1.2, 1.3, 2.1, 2.2, 2.3 e 2.6
Capacidade: 114, 122, 94, 112, 120, 108 e 100 postos
Aulas de gran capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases maxistrais a grandes grupos. Exames e outras probas escritas e orais.
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.

AULAS DE TEORÍA MEDIANAS

Aulas 1.4, 2.4 e 2.5
Capacidade: 68, 66 e 66 postos
Aulas de media capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases maxistrais a grandes grupos. Exames e outras probas escritas e orais.
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.

Seminario

SEMINARIOS

Seminarios 0.1, 0.2, 0.3, 0.4, 0.6, 3.1, 4.1 e 5.1
Capacidade: 20, 30, 30, 30, 32, 28, 24 e 20 postos
Aulas de gran capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases maxistrais a grandes grupos. Exames e outras probas escritas e orais.
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.
Seminarios 3.1, 4.1 e 5.1
Capacidade: 28, 24 e 20 postos
Aulas de gran capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: Reunións de investigación, mesas redondas, etc.

Laboratorio de idiomas

LABORATORIOS DOCENTES INFORMÁTICOS

Aulas 1.A, 1.B, 1.C, 1.D e 1.E
Capacidade: 24 postos
Espazos dotados de medios informáticos para estudantado e profesor.
Aulas de pequena capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases prácticas de grupos medianos e pequenos
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.
Laboratorios 0.1, 1.1, 1.2 e 1.3
Capacidade: 24-30 postos
Aulas de pequena capacidade. Normalmente o estudantado permanece sentado.
Usos habituais: clases prácticas de grupos medianos e pequenos
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.

LABORATORIO MULTIMEDIA

Capacidade: 24 postos
Espazos dotados de medios informáticos para estudantado e profesor.
Usos habituais: clases teórico-prácticas con uso de software específico.

SALA DE LIBRE ACCESO

A facultade conta cunha sala de ordenadores de libre acceso situada no andar 1º. Accédese a través da sala de lectura.
Nela poderás utilizar un ordenador para facer traballos, realizar consultas, etc. Tamén poderás imprimir traballos. Na sala hai un bolseiro ou bolseira responsable do correcto funcionamento dos equipos. Ante calquera dúbida ou problema diríxete ao bolseiro ou bolseira.
As normas de uso da sala e as condicións de impresión podes consultalas na web:
Normas de uso da sala e condicións de impresión

SALA DE LECTURA

No primeiro andar está a sala de lectura, con un aforo de 160 postos.

Despachos do PDI
O centro conta con tres andares de despachos de profesorado así como salas de reunión e seminarios. A súa situación e contacto, xunto con a dos responsables de coordinación por cursos, pode consultarse de forma actualizada nos apartados Coordinación e Profesorado da web.

Delegación de estudantes
A delegación de estudantes está situada na planta 0, ao lado do Decanato.

Administración

Administración
Os servizos de administración están situados no andar 0.

Salón de graos
Está situado na planta 0. Emprégase para reunións e curso. Conta con 107 postos.

Aula Magna
Está situado na planta 0. Emprégase para reunións e curso. Conta con 187 postos

BIBLIOTECA

A biblioteca está situada no campus, fronte á facultade. Podes acudir para consultar libros ou revistas, estudar ou ler. Tamén podes obter libros en empréstito, para o cal debes ter a tarxeta universitaria.

Por norma xeral, os estudantes de primeiro e segundo ciclo poderán levar ao seu domicilio 3 libros durante 10 días; os estudantes de terceiro ciclo ou os que están a facer un proxecto, poderán dispor de 10 libros durante un mes.

A biblioteca conta coa súa páxina web onde poderás consultar a súa base de datos de libros e revistas (biblioteca), así como acceder a outros recursos dos que dispoñen.

Hai ordenadores na biblioteca para que fagas as consultas. Se queres aprender rapidamente a navegar pola web pregunta ao persoal da biblioteca.

O horario da biblioteca é:

Horarios ordinarios (luns a venres) de 8:30 a 21:00 h.
Horarios especiais (fins de semana en xuño-xullo 2014) fins de semana desde o sábado 7 de xuño ao domingo 13 de xullo en horario de 8:00 a 22:00 h.
Horarios especiais (noites en xuño-xullo 2014) ata as 3:00 h. da madrugada de luns a venres, do 9 de xuño ao 11 de xullo.
Horarios reducidos (luns a venres de xullo e agosto) 14-31 de xullo de 8:45 a 20:45 h.; en agosto de 8:45 a 14:20 h.(tardes pechado).

 

 

Servizos xerais

Conexión sen fíos
O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.

Préstamo de computadores
Préstamo de computadores portátiles a profesorado, estudantado e persoal administrativo (temporalmente interrumpido).

Recursos docentes en rede
Como apoio á actividade docente presencial, a Universidade de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática MOOVI con recursos en liña destinados á teleformación. Ademais disponse de CAMPUS REMOTO e Microsoft Office 365.

Servizo de fotocopiadora
O centro dispón de 3 fotocopiadoras en réxime de autoservizo na plantas 3, 4 e hall de entrada.

Servizo de cafetaría
O centro dispón de servizo de cafetería e comedor atendido por unha empresa externa.