A Universidade de Vigo, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que o estudantado poida cursar de forma simultánea os estudos de Grao en Xeografía e Historia e Grao en Turismo no campus de Ourense, mediante a proposta dun programa conxunto elaborado polas facultades de Historia e de Ciencias Empresariais e Turismo sobre os plans de estudos oficiais.

A simultaneidade (programa conxunto) do Grao en Turismo e do Grao en Xeografía e Historia regularanse, como todos os plans conxuntos da Universidade de Vigo pola Normativa de Programa Conxunto de Estudos Oficiais de Grao na Universidade de Vigo (aprobada no Consello de Goberno de 23 de Xuño de 2015 e modificada no Consello de Goberno de 12 de febreiro de 2016).

Non entanto, a normativa xeral esixe en cada caso a concreción e o desenvolvemento de algúns aspectos por parte dos centros que colaboran na impartición do programa. A seguinte normativa, respectando escrupulosamente os contidos da xeral, supón unha concreción e desenvolvemento dos contidos daquela:

Normativa do Programa Conxunto Turismo-Xeografía e Historia (plan a extinguir)

Normativa do Programa Conxunto Turismo-Xeografía e Historia

Recoñementos de créditos do programa

Adaptación entre os plans de estudo do programa

Estrutura do plan de estudos – 2021

 

Bolsas de estudo

A Universidade de Vigo convocará bolsas para o estudantado matriculado no curso 2023/2024 no Grao en Turismo ou no programa conxunto (PCEO) dos graos en Turismo e Xeografía e Historia ao abeiro da colaboración entre a institución académica e a Deputación de Ourense.

Convocatoria 2023/2024