O luns, 9 de setembro de 2024, ás 10.30 h, terá lugar, na Aula Magna da Facultade, un acto de acollida para o estudantado de grao do curso 2024/2025.

 
No acto de benvida o decano recibe o estudantado de novo ingreso presentando o centro e explicando a organización académica do mesmo e os recurso dos que se dispoñen para acadar os obxetivos formativos dos diferentes programas, a composición e labor dos organos colexiados e o PAT do centro. Presentarase os membros do equipo e coordinadores de curso. Unha persoa representante da delegación de estudantado e/ou asociacións intervirá informando de cuestions do seu interese.

Obxectivos

  1. Facilitar ao estudantado o tránsito dende o ensino de secundaria ao ensino universitario
  2. Presentar ao estudantado de novo ingreso os graos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  3. Dar a coñecer ao estudantado de novo ingreso os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e, en concreto, na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Persoas destinatarias

Estudantado de novo ingreso nos primeiros cursos de ADE, Turismo, PCEO ADE-Informática, PCEO ADE-Dereito e PCEO Turismo-Xeografía e Historia.

 

Programa da Xornada de Benvida 2024/2025