Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Consejo Económico y Social de España (CES) entregou este martes en Madrid o seu XXII Premio de Investigación, dotado con 40.000 euros, ao proxecto de ciberseguridade Gardiáns dixitais para un crecemento sostible: ciberseguridade e protección cidadá na era da transformación dixital. O traballo foi realizado por equipo dirixido por Alberto Vaquero, profesor titular de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, e conformado por outros nove investigadores e investigadoras, docentes da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela de distintas disciplinas, como son a Economía Aplicada, a Organización de Empresa e Comercialización, o Dereito Administrativo e Laboral e as Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial.

Tras a recollida do premio, Alberto Vaquero destacou que “queremos agradecer ao CES a oportunidade que tivemos de colaborar cunha institución tan relevante no ámbito socioeconómico e laboral. Para todo o equipo foi un orgullo que confiase en nós para realizar unha investigación que confiamos se converta nun referente no campo da ciberseguridade pola súa perspectiva integradora, inclusiva e multidisciplinar”. Así, o director do proxecto gañador destaca que o estudo vai dirixido a un público non técnico, coa idea de que sexa “accesible para o día a día do usuario” e tendo en conta que a ciberseguridade “afecta xa á cidadanía e ás persoas, aos dereitos dixitais, ás empresas, ás institucións, etc”.

Ler a nova completa no DUVI