Un cento de asistentes, 67 traballos científicos realizados por arredor de 150 especialistas de diferentes países e a implicación dun amplo abano de entidades relacionadas co sector. Con estas cifras de fondo, este martes e mércores a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebra o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, que ten por lema Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico. Nel apóstase por avanzar cara “un mellor aproveitamento das propiedades terapéuticas das augas mineromedicinais” visibilizando o traballo investigador que se fai arredor deste sector e no que a Universidade de Vigo ten un papel destacado.
O 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia aflora a investigación que se realiza para aproveitar mellor as augas mineromedicinais
22/09/2026