Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Rede Localis, Rede de Administración Local, fixo público este venres o seu sexto informe, que leva por título A reforma inconclusa das competencias locais e no que se recolle que é fundamental avanzar na reforma da normativa autonómica e estatal. O documento foi presentado na sede da Xunta, en Santiago de Compostela, nun acto que contou coa participación de Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes; Natalia Prieto, directora xeral de Administración Local, e os codirectores da rede, Concepción Campos Acuña e Alberto Vaquero, este último profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.

O informe enmárcase nas actividades da Cátedra de Bo Goberno Local da Universidade de Vigo, posta en marcha en 2022 coa Xunta de Galicia e co obxectivo de modernizar o marco lexislativo local grazas á experiencia investigadora da Rede Localis. O documento presentado analiza a evolución das facendas locais en España tras unha década da Lei Estatal de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local e conclúe que se precisa unha reforma do financiamento local para garantir a suficiencia de recursos e autonomía financeira, así como a necesidade de modificar o sistema de financiamento autonómico e local. Nesta liña, o texto recolle que existe un problema de financiamento para exercer as competencias, agravado pola dispersión e envellecemento da poboación que encarece o custo da prestación de servizos.

Ler a nova completa no DUVI