- Details
- 02/10/2026
A facultade sempre se destacou polo seu compromiso pola innovación, a calidade e a excelencia educativa, preparando profesionais capaces de asumir retos acordes ás circunstancias existentes en cada momento. Sempre en continua interacción coa nosa sociedade e permitindo que o noso alumnado conte coa mellor formación universitaria de calidade, que garanta o seu futuro laboral, en continua formación, e que lles permita afrontar os retos que se lle presenten ante unha sociedade cambiante.
Foi no ano 2002, cando, a por entón facultade de Ciencias Empresariais (que contaba con preto de 1.500 estudantes e 80 docentes) puxo en marcha o seu primeiro Plan Estratéxico, que pretendía asentar uns obxectivos básicos para o seu desenvolvemento e competitividade, tendo en conta a contorna e as necesidades daquel momento.
Hoxe en día, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo conta cun destacado equipo de profesores especializados en cada un dos ámbitos disciplinarios (sendo a porcentaxe de profesorado doutor para o grao de turismo do 64’44% para o curso 2023/2024 e do 56,45% para o grado en administración e dirección de empresas), e posúe unha infraestrutura e recursos necesarios para promover os obxectivos que expomos na propia misión e visión do centro.
Con todo, nun contexto de cambio, como no que nos atopamos actualmente, xunto cos actuais desafíos aos que nos enfrontamos, a necesidade de adaptación á transformación dixital, o mantemento da calidade do noso sistema a través da innovación e a investigación, a ampliación do número de titulacións, garantir o acceso a persoas con necesidades educativas especiais, a loita contra a brecha de xénero, a sustentabilidade, fan que sexa necesario a redacción do presente programa, froito dun traballo conxunto, participativo e integrador, que nos permita identificar novas áreas de mellora e oportunidades de innovación cara á excelencia do noso centro.
Neste senso, queremos salientar que a estrutura do programa baséase na guía elaborada pola Universidade de Vigo e ten en conta o marco xeral que supón o Plan Estratéxico da Universidade de Vigo 2021-2026.
Compromiso coa Igualdade
A igualdade constitúe un principio fundamental na construción dunha comunidade universitaria xusta, inclusiva e respectuosa. A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, como centro integrante da Universidade de Vigo, asume o compromiso de promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes en todos os ámbitos da súa actividade.
Neste contexto, na facultade traballamos na creación dunha contorna académica baseada na igualdade de oportunidades, a non discriminación e o respecto á diversidade.
En particular, temos como liñas de actuación prioritarias:
- A integración da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.
- A promoción de accións de sensibilización e formación en materia de igualdade dirixidas á comunidade universitaria.
- O fomento da participación equilibrada nas actividades académicas e institucionais do centro.
- A garantía dun ambiente seguro, respectuoso e libre de calquera forma de discriminación.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense desenvolve estas actuacións en coherencia co Plan de igualdade de Universidade de Vigo e en coordinación coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
Recursos e protocolos
- Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo
- Protocolo de actuación para cambiar de nome e de xénero de uso común das persoas transexuais, transxénero e intersexuais na Universidade de Vigo
- Manual de linguaxe inclusivo
- Aplicación para linguaxe non sexista
- Guía para incorporar a perspectiva de xénero na docencia
- Guía para incorporar perspectiva de xénero na investigación
Actividades
- 15/10/2026 - 15O Día internacional das mulleres rurais - Declaración institucional da FCETOU
- 28/09/2026 - Mesa Redonda: 18S: Día Internacional da Igualdade Salarial
- 25/09/2026 - Voces de Cambio
- 28/06/2026 - Dia Orgullo LBGTIQ+: A facultade enchese de cores.
- 25/03/2026 - Día da árbore: adicada a Wangari Muta Maathai.
- 09/03/2026 - Liderado con mirada de muller
- 20/02/2026 - 11F-Xornada: Mulleres que transforman a ciencia, a industria e a empresa
- 21/10/2025 - Xornada: Galicia Calidade. Unha marca en feminino
- 26/09/2025 - Voces de Cambio
Enlace de Igualdade
Isabel Diéguez Castrillón+34 988 368 740
Información previa á matriculación sobre acceso e admisión
Os requisitos de acceso ao Grao son, con carácter xeral, os establecidos polo Real Decreto 412/2014, do 6 de xuño; ademais da normativa establecida no artigo 15 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro.
O acceso ao título atenderase ás disposicións do Ministerio, da Comunidade Autónoma de Galicia e ao que se estableza no desenvolvemento normativo da Universidade de Vigo. Nas páxinas da Universidade de Vigo recóllense de forma detallada os aspectos relevantes respecto destes requisitos:
Deséxase captar estudantado interesado en desenvolver a súa carreira profesional no campo da xestión de organizacións, tanto empresariais como de calquera outro tipo, con capacidades que lles permitan a súa integración no ámbito universitario e posteriormente no mercado laboral. En concreto, serían desexables trazos como os recollidos a continuación:
- Motivación e interese polo mundo da economía e a empresa
- Sensibilidade polo desenvolvemento empresarial
- Iniciativa e espírito de liderado para crear e xestionar negocios xeradores de emprego
- Capacidade para integrar e dirixir equipos humanos
- Dinamismo para enfrontarse aos problemas da sociedade actual e para propoñer as solucións correspondentes
- Capacidade para a toma de decisións
- Capacidade de análise e de síntese, de abstracción e expresión
- Versatilidade e sociabilidade
O procedemento para o recoñecemento e transferencia de créditos académicos nos títulos universitarios oficiais está regulado polo artigo 10 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e o procedemento para o aseguramento da súa calidade.
A normativa xeral da Universidade de Vigo sobre transferencia e recoñecemento de créditos pode atoparse na seguinte ligazón:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/681
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou a “Normativa de recoñecemento de créditos nas titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo pola participación estudantil en actividades universitarias”, que se refire aos recoñecementos por este tipo de actividades:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/696
Táboas de recoñecementos
- Do Grao en Turismo ao Grao en ADE (e viceversa)
- Do Grao en Consultoría e Xestión de Información ao Grao en ADE
- Da Diplomatura en Ciencias Empresariais ao Grao en ADE
- De Formación Profesional ao Grao en ADE
- Entre o Grao en ADE da UVigo e o Grao en ADE da UDC
- Entre o Grao en ADE da UVigo e o Grao en ADE da USC
- Do Grao en ADE da UVigo ao Grao en RRII da UVigo
Información de apoio ao estudante
Toda a información no apartado Orientación ao estudantado
Matrícula
Toda a información no apartado Matrícula
Información previa á matriculación sobre acceso e admisión
O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, regula as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. Poderán acceder aos ensinos universitarios os seguintes grupos:
- Estudantado en posesión do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español ou doutro declarado equivalente.
- Estudantado en posesión do título de Bacharelato Europeo ou do diploma de Bacharelato internacional.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos homologados ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados en sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se subscribiron acordos internacionais para o recoñecemento do título de Bacharel en réxime de reciprocidade.
- Estudantado en posesión dos títulos oficiais de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español, ou de títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados aos devanditos títulos.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos, diferentes dos equivalentes aos títulos de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, ou de Técnico Deportivo Superior do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade, cando devandito estudantado cumpra os requisitos académicos esixidos en devandito Estado membro para acceder ás súas Universidades.
- Persoas maiores de vinte e cinco anos que superen a proba de acceso.
- Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cun ensino.
- Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen a proba de acceso.
- Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Grao, Máster ou título equivalente.
- Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación dos ensinos universitarios ou título equivalente.
- Estudantado que cursase estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que finalizando os estudos universitarios estranxeiros non obtivese a súa homologación en España e desexe continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente lles recoñeza polo menos 30 créditos ECTS.
- Estudantado que estivese en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro.
Non se esixe formación previa específica para o ingreso no Grao en Turismo, pero recoméndase un coñecemento do inglés equivalente ao nivel B1 europeo.
Deséxase captar estudantes interesados en desenvolver a súa carreira profesional no sector turístico. Con capacidade de comunicación, relación interpersoal, espírito emprendedor e visión internacional.
Según o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, se entende por recoñecemento de créditos a aceptación por unha universidade dos créditos que, habendo sido obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Asi mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutras ensinanzas superiores oficiais ou en ensinanzas universitarias conducentes á obtención doutros títulos, aos que se refire o artigo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
A transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas de grao deberán respetar as seguintes regras básicas:
- Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total dos créditos do título, correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
- Sempre que a titulación de destino á que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
- Tamén serán obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
- O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola Universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos ou ben que teñan carácter transversal.
Táboas de recoñecementos
Información de apoio ao estudante
Toda a información no apartado Orientación ao estudantado
Matrícula
Toda a información no apartado Matrícula
