Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

25/11/2026

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense uniuse este mércores á conmemoración deste 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fíxoo cun acto que chamou Dando chanzos fronte á violencia machista e no que quixo, a través da música e da palabra, reafirmar o compromiso do centro cunha sociedade libre desta lacra.

A actividade arrancou coa presentación dunha intervención en escaleiras do centro nas que en cada chanzo se plasmou, tal e como apuntou a profesora do centro Isabel Diéguez, “algunhas das actuacións que empresas, institución, universidades e persoas individuais poden impulsar fronte á violencia machista: escoitar, concienciar, detectar, actuar, protexer, acompañas, denunciar e previr”. Detrás de cada paso, sinalou, “hai unha oportunidade para cambiar vidas”. Con esta acción, “a Facultade quixo transformar un espazo cotián nunha chamada á reflexión e á acción”.

Ler a nova completa no DUVI