- Details
- 02/10/2026
Curso académico 2026/2027
Estudos de grao
Convocatoria de matrícula 2026/2027 – estudos de grao
| Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
|---|---|---|---|
| Grao en ADE Grao en Turismo |
85 45 |
Cal. preinscrición Cal. académico |
Automatrícula Continuación |
Estudos de mestrado
Convocatoria de matrícula 2026/2027 – estudos de posgrao
| Titulación | Prazas | Calendario | Matrícula |
|---|---|---|---|
| Máster en DPITS MBA en Deporte Máster en Economía Circular |
32 30 30 |
Cal. preinscrición Cal. académico |
Automatrícula Continuación |
Prezos e exencións
Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas na seguinte ligazón: Prezos públicos.
- XX/0X/2026 – Decreto XX/2026, do XX de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso académico 2026/2027
- XX/0X/2026 – Normas económicas derivadas da xestión académica na UVigo 2026/2027
Máis información
O TFG forma parte dos plans de estudos dos títulos de grao que se imparten na FCETOU. Consistirá na realización dun traballo orixinal e inédito por parte do estudantado que deberá facer de xeito persoal e autónomo, seguindo as orientacións dun titor/a académico
O TFG estará orientado a que cada estudante amose a capacidade de integración dos diversos contidos formativos recibidos e a adquisición das competencias reflectidas na guía docente da materia. En particular, deberá contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades:
- Definir a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con un ou varios dos ámbitos de coñecemento presentes no grao
- Levar a cabo o traballo proxectado
- Presentar e defender publicamente o TFG
Premios TFG José Manuel Pérez Canal
Estes galardóns pasaron a denominarse Premios TFG José Manuel Pérez Canal en homenaxe ao falecido presidente da Confederación Empresarial de Ourense. Na súa lembranza salientouse como para as futuras xeracións de persoas empresarias que se están formando nesta facultade “é un referente” pola súa traxectoria e valores “e un exemplo de compromiso profesional, familiar e persoal con Ourense”.
Máis informaciónNormativas do TFG
Traballo Fin de Grao – Curso 2026/2027
Calendario do TFG 2026/2027
Tribunais do TFG 2026/2027
Documentos de solicitude de temas do TFG
Documentos de solicitude de defensa do TFG
Anexo V. Elección Tribunal Avaliador
Grao en ADE ou Turismo | PCEO ADE-Dereito | PCEO ADE-Informática | PCEO Turismo-Xeografía e Historia
Coordinación do Traballo Fin de Grao
Mercedes Mareque Álvarez-Santullano
+34 988 368 728
As prácticas académicas externas constitúen unha actividade académica de natureza formativa co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos polo estudantado nos seus estudos.
Poden adoptar dúas modalidades:
- Prácticas externas curriculares: son actividades académicas integradas como materias dun plan de estudos do centro. No caso das titulacións que se imparten na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, esta materia está presente en:
- Prácticas externas extracurriculares: son de carácter voluntario e realizaranse durante o período de formación e, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plan de estudos.
Onde se poden realizar
- Entidades colaboradoras de ámbito nacional
Empresas, institucións ou entidades públicas ou privadas cando exista un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo. - Na propia Universidade de Vigo
En unidades e servicios da propia Universidade de Vigo cando exista un acordo interno entre o responsable académico e o responsable da unidade ou servizo de acollida. Este acordo debe contar co visto e prace da Vicerreitoría correspondente ou a xerencia, de ser o caso. - Prácticas internacionais
Cando as prácticas se realicen no estranxeiro, poderán levarse a cabo dentro do marco Erasmus ou ben como prácticas con convenio de cooperación educativa. Para máis información, podes consultar a web da Oficina de Relacións Internacionais
Xestión das prácticas externas
A xestión das prácticas externas implica a obrigatoriedade da sinatura previa de certa documentación. En primeiro lugar, a sinatura dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a entidade onde se vaian realizar as prácticas, e en segundo lugar, a sinatura polo estudantado, pola persoa titora académica e pola persoa titora na entidade onde se vaian realizar as prácticas do documento de formalización da práctica. Ningún estudante poderá iniciar as súas prácticas sen que previamente estea asinada toda esta documentación.
Requisitos xerais para realizar as prácticas externas
- Prácticas externas curriculares:
- O estudante debe estar matriculado na materia vinculada ao plan de estudos de que se trate e cumprir os requisitos que neste se establezan.
- Estas prácticas serán xestionadas polos coordinadores de cada título (grao ou mestrado).
- Prácticas externas extracurriculares:
- Estar matriculado na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo nos estudos relacionados coa práctica extracurricular.
- Ter superado no momento da realización destas prácticas o 50% dos créditos necesarios para obter a titulación.
- Estas prácticas serán xestionadas pola Fundación da Universidade de Vigo (FUVI) en colaboración co coordinador dos graos da FCETOU.
Documentos e ligazóns de interese
- Ofertas de Prácticas Extracurriculares da UVigo
- Oferta de prácticas internacionais:
- Ofertas de emprego na UVigo
- Empresas con convenio coa UVigo
- Normativa e documentación sobre prácticas da UVigo
- Regulamento de prácticas na FCETOU
- Programa Conecta Talento para titulados
Coordinación
Grao en ADE e Grao en Turismo
Mercedes Mareque Álvarez-Santullano
+34 988 368 728
Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
Noelia Araujo Vila
+34 988 368 865
Máster en Xestión Empresarial do Deporte
Elena Gallego Rodríguez
+34 988 368 718
Fundación Universidade de Vigo
Sandra Morales Lloves
+34 988 368 898
Titulacións de grao
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Grao en Turismo
Titulacións de mestrado
Máster en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
Máster en Xestión Empresarial do Deporte
Máster en Economía Circular
