- Details
- 02/10/2026

Na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense formarás parte dun espazo onde o talento medra, as ideas convértense en oportunidades e cada paso conta para construír o teu futuro.
Aquí adquirirás unha formación sólida, práctica e conectada coa realidade das empresas e do sector turístico, nunha contorna próxima que che permitirá chegar tan lonxe como queiras.
Porque estudar un grao é moito máis ca obter un título: é dar o primeiro paso cara a un futuro profesional cheo de posibilidades.

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade de A Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, e coa participación da Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria (AGAEDES), está a organizar a fase local da Olimpíada Española de Economía, que se desenvolverá o vindeiro día 11 de abril de 2025, na súa XV edición.
O obxectivo é complementar a aprendizaxe con experiencias prácticas orientadas ao emprendemento e habilidades para o mundo laboral. Coñecer de primeira man que están a demandar as empresas no mundo laboral e as tendencias e innovacións en xestión, planificación e control e operacións. Facilitar a transición dos estudantes ao mundo laboral. Aumentar as sinerxías da universidade co sector produtivo e social a través dos mentores e convenios institucionais. Fortalecer o vínculo entre a teoría académica e a práctica empresarial. Fomentar debates en torno a temas de interese xeral sobre empresa e sociedade.
- Acordo de colaboración con Startup Galicia
- Conversas #Emprender
- Visitas a empresas: MRF Solutions, Destilerias Miño, Inditex
- Networking: encontros entre emprendedores e mentorizados
- Apoio ao estudante na transición á etapa profesional
- Participantes becados no Programa Internacional de Becas PIBE AECA
- Premio AECA a Entrevistas a Empresarios e Directivos
- Comunicación de convocatorias, bolsas, cursos especializados, workshops europeos
Reunión con MRF Solutions
Visita a Destilerías Miño
Visita a InditexConversas #Emprender é un ciclo de conferencias-coloquio que ten como obxectivo promover a divulgación científica, o emprendemento e a cultura empresarial da cidadanía e por en valor a importancia da investigación en economía e empresa. Na Conversa un investigador comparte o escenario cun profesional relacionado co emprendemento, sendo os temas elixidos de interese xeral, abordando asuntos de actualidade relacionados co mundo da empresa e a súa conexión coa sociedade e o medio ambiente. Este formato fomenta o debate e a crítica de novos coñecementos, ideas e opinións entre amplos colectivos sociais.
Desenvolvemento territorial e estratexia empresarial: Crear valor onde nacen as raíces
Martes, 13 de outubro de 2026
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Sala de Lectura
Interveñen: Juan L. Vázquez, CEO en Grupo Tourgalia, Fundador da Comunidade Casa de Outeiro
Modera: Diego R. Toubes, Profesor de Dirección estratéxica da FCETOU
Retos das empresas na área de operacións: dixitalización e intraemprendemento
Mércores, 29 de outubro de 2025
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Sala de Lectura
Interveñen: Iago Castro, Director de Produción en MRF e Nuria Rodríguez López, profesora de Dirección de Operacións na FCETOU
Modera: Ernesto López-Valeiras, profesor de Contabilidade de Custos na FCETOU
Estratexia empresarial en tempos de incertezas: retos para o emprendedor actual
Martes, 7 de outubro de 2025
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Sala de Lectura
Interveñen: Diego González, CEO de Qualigal e Ingade e presidente do Club Ourense Baloncesto (COB), e Diego R. Toubes, profesor de Dirección Estratéxica na FCETOU.
[T2E2] - Emprendemento e control de xestión nas pemes
Mércores, 19 de febreiro de 2025
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Sala de Lectura
Interveñen: Laura Gómez, profesora da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, e Julio Sotomayor e Daniel Guzmán, fundadores do Restaurante Nova. Ernesto López-Valeiras, profesor de Contabilidade na FCETOU, foi o moderador da sesión.
[T2E1] - Retos da CSRD: Sustentabilidade, emprendemento e xénero
Martes, 8 de outubro de 2024
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Sala de Lectura
Interveñen: Paula Nogueira Costas, Directora económica de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) e Diego R. Toubes (moderador), profesor de Dirección Estratéxica da FCETOU.
[T1E4] - Ecosistema emprendedor, educación financeira e financiamento startups
Mércores, 21 de febreiro de 2024
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Sala de Lectura
Interveñen: Loreto Fenández, investigadora especializada en xestión financeira de proxectos emprendedores da Universidade de Santiago de Compostela, e Óscar de Miguel, emprendedor e Co-fundador de Diariomotor. Ernesto López-Valeiras, profesor de Contabilidade na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, foi o moderador da sesión.
[T1E3] - Control de xestión, analítica de persoas e saúde mental
Mércores, 7 de febreiro de 2024
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Sala de Lectura
Interveñen: Javier Serrano, CEO de Mentiness, e Ernesto López Valeiras, investigador en Control de Xestión na Universidade de Vigo, sendo Diego Toubes, profesor de Dirección Estratéxica tamén na FCETOU, o moderador da sesión.
Sesión de tarde o 24 de outubro de 2023 con Miguel Varela, CEO e fundador de Teimas.
Video
Sesión de mañá o 24 de outubro de 2023 con Luis Babarro, presidente da Confederación Europea de Xóvenes Empresarios.
Video
