Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá a celebración das Xornadas formación para a innovación. O emprendemento do alumnado universitario. Os obxectivos desta iniciativa, indican desde a súa organización, “son alentar o espírito emprendedor entre o alumnado do campus, dándolles asesoramento e traendo a emprendedores para que aprendan deles”.

A actividade está coordinada por Javier Rodeiro e María Montserrat Cruz, profesorado respectivamente da Escola Superior de Enxeñaría Informática e da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Ademais conta co apoio e financiamento do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia. As xornadas, de balde, están recoñecidas cun crédito ECTS, ademais de diploma acreditativo.

Ler a nova completa no DUVI