Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O pasado 23 de maio, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo celebrou con gran emoción o seu acto de Graduación 2025, no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico do campus de Ourense. Máis de 80 estudantes puxeron fin a unha etapa inesquecible, acompañados por familiares, amizades, profesorado e autoridades académicas e institucionais.

O evento estivo presidido polo Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e contou coa presenza do Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.

Promocións graduadas: 49 estudantes da XV promoción do Grao en ADE, 15 estudantes da XIV promoción do Grao en Turismo, 17 estudantes da VII promoción da simultaneidade ADE-Dereito, 4 estudantes da IV promoción da simultaneidade Turismo-Xeografía e Historia, 5 estudantes da II promoción do Título Propio para o Emprego e Vida Autónoma e 4 estudantes da XIV promoción do Máster en Xestión Empresarial do Deporte

Padriños e madriñas das promocións: Mª Montserrat Cruz e Alejandra Seara (Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra) para Turismo e Turismo-Xeografía e Historia, Jesús Vázquez e Jorge Vázquez (Redegal) para ADE e ADE-Dereito e Vanessa Suárez para o Título Propio para o Emprego e Vida Autónoma

Durante o acto tamén se fixo un recoñecemento especial ás alumnas premiadas con galardóns extraordinarios no curso anterior, nun ambiente cheo de emoción, orgullo e ilusión polo futuro.

Desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible este día tan especial: ao profesorado, ao persoal da facultade, ás familias e amizades, e sobre todo ao noso estudantado, verdadeiro motor da nosa comunidade universitaria.

📸 Galería de fotos do evento: Accede aquí