Informámoslle que a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Ourense (FCETOU) recibirá o vindeiro 17 de novembro de 2025 (luns) a visita do panel de avaliación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), no marco do proceso de renovación da acreditación institucional.
Dentro da axenda prevista para esta visita, está incluído un espazo aberto de participación denominado “audiencia pública”, destinado a todas as persoas interesadas e vinculadas coa facultade: estudantado, egresados/as, empregadores/as, persoal docente e investigador, e persoal de administración e servizos. Esta audiencia constitúe unha garantía do dereito de calquera persoa interesada en facer chegar as súas opinións, impresións ou suxestións ao panel de avaliación, no caso de non ter sido convocada directamente para unha entrevista durante o proceso. Cómpre lembrar que o papel do panel nesta audiencia é unicamente escoitar e recoller as achegas das persoas asistentes, sen establecer diálogo nin avaliación directa durante o encontro. A audiencia pública celebrarase na Sala de Xuntas o día 17 de novembro de 2025, de 17:15 a 17:45 horas.
Agradecemos de antemán a súa participación e implicación neste proceso, que resulta fundamental para a mellora continua e a garantía da calidade da nosa institución.
