Félix Fernández Cao é un ourensán (1983) que cruzou fronteiras para exercer unha brillante carreira como preparador físico e adestrador en equipos de fútbol de elite. Estudou INEF en Pontevedra, un ciclo superior de adestrador de fútbol e completou a súa formación con varios mestrados relacionados co seu ámbito. Paralelamente, formou parte dun grupo de investigación da universidade.
En 2015 chegou ao fútbol chinés como adestrador físico e adestrador axudante do Wuhan Zall FC. Posteriormente deu o salto á Superliga chinesa con Hebei Fortune iniciando así a súa relación profesional co adestrador chileno Manuel Pellegrini. Dende entón, forma parte do seu staff técnico como preparador físico, o que o levou á Premier League co West Ham United, e na tempada actual no Real Betis Balompié.
Félix Cao será o protagonista da terceira edición do ciclo “Conversas”, auspiciado polo programa de mentoring “meta.”. Na conversa estará acompañado por Julio Vila Castro, Socio Director de Asesores Vila Castro e antigo alumno da Facultade.
Ao acto, que durará aproximadamente unha hora, pode asistirse:
- De xeito presencial, con reserva de entrada (prazas limitadas): https://www.eventbrite.es/e/entradas-conversa-felix-fernandez-cao-155982286217
- De xeito virtual, en directo a través da plataforma “uvigo tv” na ligazón: https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884