TFG Convocatoria Xuño (1-10 Solicitudes, 22-23 Presentación Oral Virtual)

Unha vez rematado o TFG, e co visto e prace do seu respectivo titor ou titora académico, o alumno ou alumna solicitará a presentación e a avaliación do TFG a través da plataforma habilitada na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo. O sistema xera un xustificante que deberá entregarse na Secretaría de Alumnado acompañado de:

  • Un exemplar impreso en papel encuadernado do TFG (ver as Normas de estilo do TFG do Anexo IV).
  • Anexo V totalmente cuberto, coa elección do modo de avaliación (titor/a ou tribunal colexiado diferente ao titor/a).
  • Haberá que subir, obrigatoriamente, o pdf do traballo á carpeta de exercicios de faitic.

Para a convocatoria de Xuño (3º Prazo, do 1 ao 10 de xuño), as solicitudes deberán entregarse físicamente en Secretaría de Alumnado, só a través de cita previa (adxuntamos teléfonos e mail, debendo sinalar o trámite de presentación de solictude de TFG): xusificante solicitude, copia en papel e anexo V (logo subir pdf a faitic).

 

Atención con cita previa

Facultade de CC. Empresariais e Turismo e Facultade de Dereito Campus de Ourense

Teléfonos: 988 368 919 / 988 368 920
E-mail: grao.xuridicoempresarial@uvigo.es

No caso de alumnado non residente na provincia de Ourense, poderá evitarse o desprazamento á nosa Facultade (enviando a documentación por correo postal certificado):

  1. Enviar un correo ao coordinador: javiss@uvigo.es, reflectindo o envío do exemplar físico por correo postal e adxuntando o anexo V coa eleción do tribunal unipersonal ou colexiado.
  2. Enviar o exemplar físico do TFG e o Anexo V por correo postal ó seguinte enderezo:
    Área de Estudos de Grao
    Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Campus Universitario Sur As Lagoas s/n
    32004 Ourense