Estimado alumnado da FCETOU.
Esperamos que pasásedes un bo verán. Este curso será diferente, aínda que a nosa intención e que transcorra, coa maior normalidade.
Para isto, a equipa decanal estivo traballando estes meses, coa finalidade de que todo o alumnado da FCETOU poda contar cunha docencia practicamente presencial nas aulas.
A FCETOU está a instalar catro aulas integra, un laboratorio e dúas aulas anexas, o que facilitará a docencia presencial. Tamén habilitouse a Aula
Magna como aula de docencia, polo seu aforo máis amplo.
Todas estas novidades permitirán que tanto os grupos A (Grandes), como grupos B (Medianos) e C (Pequenos), se impartan presencialmente ou con
apenas unha rotación.
En breve enviarémosvos información sobre as normas de convivencia, control e hixiene a seguir este curso.