A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá a conferencia “Constrúe o teu soño ou serás contratado para cumprir o de outros”.
Onde e cando?
Xoves 19 de decembro no salón de graos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
Programa da Conferencia:
- 11.00 h – presentación da xornada por Natalia Caparrini, Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
- 11.10 h – A empresa Suma Importancia dará unha charla sobre como establecer unha folla de ruta para por en marcha unha idea de negocio
- 12.15 h – institucións colaboradoras informarán sobre o financiamento de iniciativas emprendedoras
- 12.45 h – conclusións por Suma Importancia
- 13.00 h – peche e networking
Máis información na Área de Emprego e Emprendemento da UVigo no enderezo emprego1@uvigo.es ou no teléfono 986 812 136.
Podes consultar o aviso na secretaria virtual.