Información previa á matriculación sobre acceso e admisión
O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, regula as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. Poderán acceder aos ensinos universitarios os seguintes grupos:
- Estudantado en posesión do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español ou doutro declarado equivalente.
- Estudantado en posesión do título de Bacharelato Europeo ou do diploma de Bacharelato internacional.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos homologados ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados en sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se subscribiron acordos internacionais para o recoñecemento do título de Bacharel en réxime de reciprocidade.
- Estudantado en posesión dos títulos oficiais de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español, ou de títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados aos devanditos títulos.
- Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos, diferentes dos equivalentes aos títulos de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, ou de Técnico Deportivo Superior do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade, cando devandito estudantado cumpra os requisitos académicos esixidos en devandito Estado membro para acceder ás súas Universidades.
- Persoas maiores de vinte e cinco anos que superen a proba de acceso.
- Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cun ensino.
- Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen a proba de acceso.
- Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Grao, Máster ou título equivalente.
- Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación dos ensinos universitarios ou título equivalente.
- Estudantado que cursase estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que finalizando os estudos universitarios estranxeiros non obtivese a súa homologación en España e desexe continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente lles recoñeza polo menos 30 créditos ECTS.
- Estudantado que estivese en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro.
Deséxase captar estudantado interesado en desenvolver a súa carreira profesional no campo da xestión de organizacións, tanto empresariais como de calquera outro tipo, con capacidades que lles permitan a súa integración no ámbito universitario e posteriormente no mercado laboral. En concreto, serían desexables trazos como os recollidos a continuación:
- Motivación e interese polo mundo da economía e a empresa
- Sensibilidade polo desenvolvemento empresarial
- Iniciativa e espírito de liderado para crear e xestionar negocios xeradores de emprego
- Capacidade para integrar e dirixir equipos humanos
- Dinamismo para enfrontarse aos problemas da sociedade actual e para propoñer as solucións correspondentes
- Capacidade para a toma de decisións
- Capacidade de análise e de síntese, de abstracción e expresión
- Versatilidade e sociabilidade
Según o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, se entende por recoñecemento de créditos a aceptación por unha universidade dos créditos que, habendo sido obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Asi mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutras ensinanzas superiores oficiais ou en ensinanzas universitarias conducentes á obtención doutros títulos, aos que se refire o artigo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
A transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas de grao deberán respetar as seguintes regras básicas:
- Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total dos créditos do título, correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
- Sempre que a titulación de destino á que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
- Tamén serán obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
- O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola Universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos ou ben que teñan carácter transversal.
Táboas de recoñecementos
- Do Grao en Turismo ao Grao en ADE (e viceversa)
- Do Grao en Consultoría e Xestión de Información ao Grao en ADE
- Da Diplomatura en Ciencias Empresariais ao Grao en ADE
- De Formación Profesional ao Grao en ADE
- Entre o Grao en ADE da UVigo e o Grao en ADE da UDC
- Entre o Grao en ADE da UVigo e o Grao en ADE da USC
Información de apoio ao estudante
Toda a información no apartado Orientación ao estudantado
Matrícula
Toda a información no apartado Matrícula