Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu este martes a celebración da xornada de transferencia Análise de mecanismos temporais de regulación de emprego. A sostibilidade empresarial como obxectivo. A actividade tivo como obxectivo achegar ao alumnado do centro e da Facultade de Dereito o papel dos ERTE como instrumento "non só para garantir o emprego das persoas traballadoras senón tamén para que as empresas que se atopan nunha mala situación sobrevida por causas non imputables ao seu propio comportamento, poidan seguir operando e logo retomar novamente o seu funcionamiento normal".

A actividade, coordinada polas profesoras María Montserrat Cruz e Elena Rivo coa colaboración de Alberto Vaquero, enmárcase na programación do proxecto Adaptación e mantemento de emprego no novo ecosistema produtivo, liderado polo catedrático da UVigo Jaime Cabeza. Está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación para o período 2022-2025 e conta coa participación de especialistas de Dereito do Traballo e a Seguridade Social e a colaboración de persoal investigador dos departamentos de Organización de Empresas e Márketing e Economía Aplicada, entre eles María Montserrat Cruz e Alberto Vaquero. Esta multidisciplinariedade permite que unha das liñas de investigación que se desenvolve ao seu abeiro sexa unha triple aproximación (xurídica/empresarial e económica) á temática elixida.

Ler a nova completa no DUVI