Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Como acontece cada curso académico por estas datas, desde este luns e ata o venres a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebra unha nova edición do seu Joint Seminar coa universidade alemá Hochschule für Technik und Wirtschaft des Saarlandes (HTW Saar), de Saarbrücken. Este ano, participan na actividade unha decena de estudantes de Turismo Internacional alemáns e outra decena do Grao de Turismo que se imparte nesta facultade da Universidade de Vigo.

Tendo como lingua de comunicación o inglés, ao longo da semana as e os estudantes das dúas institucións abordarán diferentes aspectos relacionadas coa xestión cultural e o turismo, dedicando especial atención aos produtos rexionais neste eido, e traballarán en pequenos grupos mixtos diferentes propostas. Tampouco faltarán, tendo en conta a temática do seminario, as actividades turísticas para coñecer de primeira man enclaves destacados neste eido, como Santiago de Compostela e en Ourense as termas e Ribadavia. Por último, outro aspecto importante da programación será a convivencia, incidindo con diversidade de actividades no coñecemento das diferentes linguas, culturas e realidades académicas das e dos participantes.

Ler a nova completa no DUVI