Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

A Rede Localis, Rede de Administración Local, fixo público este venres un novo documento de análise do seu Observatorio Municipal Galego, unha das actividades da Cátedra de Bo Goberno Local da Universidade de Vigo. Nel destacan que un habitante do rural debe percorrer unha media de 15 km para acceder a un servizo público e que o 76,6% dos municipios galegos están clasificados como ZPP (zona de pouca poboación). A análise foi elaborada por Alberto Vaquero, codirector da Rede Localis e profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.

Segundo recolle o documento, os municipios situados en contornas rurais adoitan presentar problemas e limitacións para poder garantir os servizos ás persoas residentes. “Aínda que isto non é patrimonio exclusivo de Galicia, esta situación vese acentuada polo forte proceso de envellecemento poboacional, baixa densidade demográfica, despoboamento continuado, reducida dotación e/ou carencia de infraestruturas e a incapacidade para conseguir un desenvolvemento local endóxeno dos municipios rurais”, sinálase no informe. En Galicia, comenta o autor do traballo, a distancia que debe percorrer un residente no medio rural é de case 15 quilómetros para recibir un servizo público, mentres que non chega a tres quilómetros se reside nunha contorna urbana. “Con todo, a media nacional sitúase en 22,6 quilómetros no medio rural e 2,1 no medio urbano”, apunta.

Ler a nova completa no DUVI