Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Mestrado en Xestión Empresarial do Deporte, que se imparte na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, arrancou este curso académico 2024/2025 sumando bos resultados. Por unha banda, acadou un ano máis estar no “top-ten” europeo dos mellores posgraos da súa área e por outra continúa a afianzar a súa faciana internacional, acollendo este ano estudantes de once nacionalidades.  

No ránking SportBusiness de 2024, feito público recentemente, este mestrado sitúase sétimo de Europa e 25 do mundo. Sobre este resultado, Patricio Sánchez, coordinador do título, sinala que “supón toda una alegría (e unha responsabilidade) que un posgrao como o noso se posicione nun ránking tan prestixioso, ao carón de universidades internacionais de referencia no ámbito da xestión deportiva”. SportBusiness é unha asociación da industria do deporte, principalmente profesionais, que conta con diferentes ránkings, un deles dedicado á formación de posgrao. Así, o SportBusiness Postgraduate Rankings preséntase como “o ránking máis completo e detallado” dos mellores posgraos de xestión deportiva, tendo como obxectivo proporcionar a alumnado e profesionais “o sistema de clasificación máis confiable e respectado” no seu eido. Para acadalo, a entidade valora aspectos de cada mestrado como a internacionalización de alumnado e profesorado, a calidade docente ou a empregabilidade.

Ler a nova completa no DUVI