Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Este mércores arrancou na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense unha nova edición de Conversas #Emprender. Trátase dunha iniciativa que forma parte das actividades de Meta, un programa de mentorización que se desenvolve cada curso académico neste centro. A través dun ciclo de conferencias-coloquio o seu obxectivo é promover a divulgación científica, o emprendemento e a cultura empresarial na cidadanía, particularmente entre o alumnado desta facultade, e pór en valor a importancia da investigación en economía e empresa.

A idea destas conversas, nas que colabora, ademais da propia facultade, Startup Galicia e AFFE, é que un investigador ou investigadora comparta escenario cun profesional relacionado co emprendemento, sendo os temas elixidos habitualmente de interese xeral ou de actualidade relacionados co mundo da empresa e a súa conexión coa sociedade. Este formato, indican desde a súa organización, fomenta o debate e a crítica de novos coñecementos, ideas e opinións entre amplos colectivos sociais, xuntanto especialistas do mundo académico e empresarial con alumnado.

Ler a nova completa no DUVI