Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo arrancou este martes a súa programación aberta ao público deste curso académico 2024/2025. Fíxoo cunha conferencia titulada A xestión na empresa familiar: a visión dun executivo non familiar, ofrecida por Carlos Rivo López, director comercial de UNVI (Grupo Pérez Rumbao). O acto tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, contando coa colaboración da Asociación Galega de Empresa Familiar (entidade que apoia a citada cátedra da UVigo) e coa asistencia de alumnado deste centro.

A conferencia foi presentada por Montserrat Cruz, decana da facultade anfitrioa, que destacou na súa apertura a dilatada traxectoria do convidado en diferentes empresas. Na súa conferencia, Carlos Rivo quixo “non tanto dar información teórica sobre a empresa familiar senón o meu punto de vista sobre ela, en base á miña experiencia de empregado en empresas familiares e en empresas non familiares”. Así, ao longo da súa intervención analizou diferentes perspectivas que unhas e outras teñen sobre diversos aspectos, desde a organización ata as expectativas de crecemento, co obxectivo de que a alumnado presente tivese “unhas pautas que lles permitan ter unha visión máis axustada á realidade da empresa familiar”.

Ler a nova completa no DUVI