A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus acolleu este mércores a celebración da conferencia Control de xestión dende unha perspectiva de xénero, coordinada polo profesor Ernesto López-Valeiras e financiada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e Ecobas. O obxectivo da iniciativa foi, segundo o seu responsable, contribuír a que o alumnado teña unha visión máis completa desta función directiva e reflexionar sobre o feito de que “tres de cada catro postos de control de xestión están ocupados por homes”.
A actividade contou coa participación de Mercedes Barrachina, directora xeral da Asociación Iberoamericana de Control de Xestión, AICOGestion; María Pérez, directora de Control de Xestión e Administración de Adolfo Domínguez; Juan Hernández, de Global Chartered Controller Institute e asociado en HINTD, e Beatriz González, vogal da Comisión de Contabilidade de Xestión da Asociación Española de Administración e Dirección de Empresas. A conferencia rematou coa presentación do proxecto Mentoring en control de xestión para estudantes e directivos/as.