Festas San Martiño FCETOU 2023

Dende o Decanato da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, invitamos a toda a comunidade universitaria da FCETOU a participar na xornada lúdico-festiva do vindeiro venres, 10 de Novembro (fútbol-sala, basket e tenis de mesa no pavillón, de 9 a 14 horas), e un Magosto (14:30h.) na Cafetería da nosa Facultade (3€ para comensais, previa reserva en conserxería, a diferenza co prezo a engade o decanato).

A docencia de 1º e 4º de ADE trasládase ao luns, 13 (mudanza aprobada en Comisión Permanente previa, 1º ADE, Aula 1.3, 4º ADE, Aula 2.5)

Animádevos a participar e compartir a xornada festiva!!!
Achegamos formulario para apuntarse ás actividades:
Acceso ao formulario

Saúdos,
O Equipo Decanal