O RD 1393/2007 de 29 de octubre de 2007, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, esixe para a verificación e acreditación dun título a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.

Co obxetivo de cumplir con este requisito a FCETOU deseñou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo.
Conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT, a Axencia para a Avaliación da Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGC do centro o 30/01/2009.

Posteriormente, con data 23/07/2015, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro.

A Comisión de Calidade, presidida polo decano do centro, é o órgano encargado da planificación das tarefas relacionadas coa implantación e seguimento do SGC.

A documentación básica do SGC da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo está constituída polos seguintes documentos: