Solicitudes de medidas de prevención, adaptación ou protección por causa do SARS-CoV-2

Queremos recordar que o procedemento que debe seguir o PDI para solicitar a adopción de medidas de prevención, adaptación de posto de traballo ou protección por causa do SARS-CoV-2 é o legalmente establecido, e que se ven seguindo na Universidde de Vigo ante calquera outro tipo de patoloxía:

1º. Solicitar a emisión dun informe de vulnerabilidade ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais (sprl@uvigo.es).

2º. Unha vez recibido o correspondente informe, e en base ao seu contido, poderá solicitar a esta Vicerreitoría (vicprof@uvigo.es), a correspondente adopción de medidas preventivas ou de protección ou ben a adaptación das condicións do posto de traballo (debera achegarse o informe de vulnerabilidade).