Alumnado de Ciencias da Educación deseña a súa propia biblioteca transformadora

Desde o ano 1967, o 2 de abril celébrase, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o Día Internacional del Libro Infantil, promovido pola Organización Internacional para o Libro Xuvenil co obxectivo último de promocionar “os bos libros infantís e xuvenís” e a lectura entre o público máis cativo. Uníndose a esta iniciativa, alumnado de Educación Infantil e Primaria, da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, realizou este martes a súa propia ‘biblioteca transformadora’.

O alumnado, apoiado polas docentes Isabel Mociño e Verónica Pousada, seleccionou para esta biblioteca transformadora situada na entrada do Edificio de Ferro obras de literatura infantil que consideraron lecturas recomendables para a infancia, como A lagoa das nenas mudas; Lola, a loba; El cazo de Lorenzo; Bambú o koala; La peluca de Luca; Mi princesito ou La mitad de Juan. Baseándose na súa lectura, as e os estudantes realizaron de cada obra unha creación persoal “coa que queren contribuír á creación dunha biblioteca transformadora que fomente unha visión da sociedade e do mundo” e na que teñan protagonismo “valores fundamentais como son a coeducación, o ecoloxismo, a equidade, a identidade, a inclusión, a interculturalidade e o pacifismo”.

Ler a noticia completa no DUVI