Conferencia: Constrúe o teu soño ou serás contratado para cumprir o de outros

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá a conferencia “Constrúe o teu soño ou serás contratado para cumprir o de outros”.

Onde e cando?
Xoves 19 de decembro no salón de graos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Programa da Conferencia:

  • 11.00 h – presentación da xornada por Natalia Caparrini, Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
  • 11.10 h – A empresa Suma Importancia dará unha charla sobre como establecer unha folla de ruta para por en marcha unha idea de negocio
  • 12.15 h – institucións colaboradoras informarán sobre o financiamento de iniciativas emprendedoras
  • 12.45 h – conclusións por Suma Importancia
  • 13.00 h – peche e networking

Máis información na Área de Emprego e Emprendemento da UVigo no enderezo emprego1@uvigo.es ou no teléfono 986 812 136.

Podes consultar o aviso na secretaria virtual.