A traxectoria vital e profesional do emprendedor Hassan Ahmed centrará unha nova edición do ciclo Conversas

No coñecido como “corno” de África, existe un país multiétnico chamado República de Xibuti, que con case un millón de habitantes comparte fronteira con Eritrea, Etiopía e Somalia. Xibuti é tamén o escenario onde comeza a historia de Hassan Ahmed, emprendedor que este mércores, 10 de febreiro, protagonizará unha nova edición do ciclo Conversas. Na súa intervención, organizada desde o programa Meta. Mentores de Empresariais e Turismo de Ourense, o convidado explicará a súa traxectoria vital e profesional, marcada pola mobilidade.

Anécdotas, viaxes e ensinanzas

Debido á situación sanitaria provocada pola pandemia, a sesión desenvolverase a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, estando aberta ao público interesado ata esgotamento das prazas dispoñibles. A actividade será presentada e conducida por Alexandre Lecompte, director comercial de UNVI e mentor de Meta. Segundo explica Lecompte, “sen dúbida algunha, Hassan ten unha traxectoria tanto a nivel persoal como profesional que non deixará indiferente a ninguén; unha traxectoria chea de anécdotas, viaxes e ensinanzas, particularmente interesante neste momento, cando as medidas tomadas para frear a pandemia da covid teñen pechado fronteiras e creado máis barreiras ao movemento de persoas”.

Ler a nova completa no DUVI