Obxectivos:
- Coñecer a importancia do turismo como motor de desenvolvemento no rural.
- Dar coñecementos teórico-prácticos, de tipo estratéxico, económico, financeiro e organizacional en materia de turismo rural.
- Transmisión de ferramentas prácticas para o desenvolvemento dun proxecto de turismo rural
Temática: O turismo configúrase como un actor moi importante da cooperación ao desenvolvemento, especialmente en todo o que supón potenciar as zonas rurais e economicamente deprimidas, ao permitir iniciativas empresariais economicamente viables e, ao mesmo tempo, sostibles a medio e longo prazo.
Ademais, o turismo ten un importante papel a nivel local e rexional, o que permite unha mellora económica a nivel nacional, posibilitando un emprego de maior calidade e un crecemento económico inclusivo. Todas estas cuestións serán abordadas no curso de extensión universitaria. Ademais nesta actividade colabora o Colexio de Economistas de Ourense en base ao convenio de colaboración que existe entre esta institución e a Universidade de Vigo.
Inscrición a partir do 30/5. 30 prazas (Validable por 1 ECTS)
Prezos (en euros):
Curso extensión – Comunidade Universitaria (grupo A e grupo B) 6,50
Curso extensión – Outros colectivos vencellados (Grupo C) 8,00
Curso extensión – Público xeral 10,00
Máis info e matrícula en:
https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=3761