As prácticas académicas externas constitúen unha actividade académica de natureza formativa co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos polo estudantado nos seus estudos.

Poden adoptar dúas modalidades:

 

Xestión das prácticas externas

A xestión das prácticas externas implica a obrigatoriedade da sinatura previa de certa documentación. En primeiro lugar, a sinatura dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a entidade onde se vaian realizar as prácticas, e en segundo lugar, a sinatura polo estudantado, polo titor/a académico/a e polo titor/a na entidade onde se vaian realizar as prácticas do documento de formalización da práctica. Ningún estudante poderá iniciar as súas prácticas sen que previamente estea asinada toda esta documentación.

Para iniciar os trámites de xestión das prácticas externas, tanto curriculares como extracurriculares, deberá dirixirse sempre á responsable do programa de prácticas dos Graos, Javier Sánchez.

 

A xestión:

  • As prácticas curriculares do Grao en Turismo serán xestionadas íntegramente desde o centro polo responsable, Javier Sánchez, o cal asesorará ao estudantado.
  • As prácticas extracurriculares das titulacións de grao serán coxestionadas entre o responsable no centro, Javier Sánchez, e a responsable da Fundación da Universidade de Vigo (FUVI) en Ourense, Sandra Morales. Se a práctica extracurricular é de carácter internacional a súa xestión a realizará a xefa do negociado da Oficina de Relacións Internacionais (ORI), Henar Quintás.

 

Para iniciar os trámites de xestión das prácticas externas de calquera dos másteres impartidos no centro, deberá dirixirse ao coordinador de prácticas do máster correspondente:

A xestión:

  • As prácticas curriculares serán xestionadas integramente polo coordinador das prácticas de cada un dos másteres.
  • As prácticas extracurriculares serán coxestionadas entre o responsable da coordinación das prácticas de cada un dos másteres, e a responsable da Fundación da Universidade de Vigo (FUVI) en Ourense, Sandra Morales.

 

 

Requisitos xerais para realizar as prácticas externas

  • Prácticas externas curriculares:
    • O estudante debe estar matriculado na materia vinculada ao plan de estudos de que se trate e cumprir os requisitos que neste se establezan.
  • Prácticas externas extracurriculares:
    • Estar matriculado na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo nos estudos relacionados coa práctica extracurricular.
    • Ter superado no momento da realización destas prácticas o 50% dos créditos necesarios para obter a titulación.

 

Documentos e ligazóns de interese