Inicio > Turismo

Grao en Turismo

Dende hai máis de 50 anos o turismo é un dos motores da economía española e segundo as previsións da Organización Mundial do Turismo prevese que o turismo seguirá crecendo nas próximas décadas en todo o mundo, inclusive en épocas de crise. E por isto que cada vez faise necesario a existencia dun maior número de profesionais cualificados que desempeñen as tarefas tanto de xestión como de administración nas empresas e institucións turísticas. Isto permitirá que o sector turístico español aposte pola sustentabilidade e que aumente a calidade da súa oferta para que siga sendo un referente en todo o mundo.

O Grao en Turismo ofrece a oportunidade de adquirir coñecementos multidisciplinares, xa que abrangue diversas áreas de estudo (economía, idiomas, xeografía, comunicación ou novas tecnoloxías), e específicos (intermediación, aloxamentos, patrimonio, xestión de recursos turísticos...).

A formación teórica, a mobilidade internacional e as prácticas en empresas e institucións turísticas proporcionarán ao alumnado unha visión internacional dunha industria innovadora e en constante cambio, unha visión real do sector e unha experiencia moi valiosa á hora de enfocar o seu futuro profesional.

INTERESE FORMATIVO

Este grao forma profesionais especializados en materia turística capaces de contemplar as necesidades da xestión empresarial e o aproveitamento turístico dos recursos naturais e culturais, cun coñecemento global de todas ás áreas relacionadas co turismo (marketing, xestión empresarial, planificación estratéxica, idiomas, xestión de aloxamentos e restauración, economía ambiental, comercio internacional, xeografía, socioloxía...), e con capacidade de liderar novos proxectos e de adaptarse a un entorno de rápida evolución.

Os titulados serán capaces de identificar e anticipar as oportunidades, asignar recursos, organizar información, tomar decisións, alcanzar os obxectivos propostos e analizar os resultados. Ademais, a súa formación permitiralles incorporarse en empresas ou en organizacións do sector turístico e desempeñar as funcións propias da dirección corporativa e institucional, xestión de destinos turísticos, dirección comercial de intermediarios turísticos, hoteis, axencias de viaxes ou de calquera outra entidade pública ou privada, nacional ou internacional relacionada con turismo.

 

OBXECTIVO

O obxectivo do Grao en Turismo é formar profesionais especializados na xestión empresarial e no aproveitamento turístico tanto de recursos naturais coma culturais. Así, os estudantes estarán formados para desempeñar o seu traballo nas diferentes áreas funcionais dunha empresa ou institución dedicada ao sector turístico.

 

A QUEN SE DIRIXE

O grao en turismo orientase a persoas que se sintan interesadas por diversas culturas; que teñan capacidades comunicativas e facilidade para aprender novos idiomas; que sexan capaces de traballar en equipo en ámbitos multiculturais e que teñan iniciativa, creatividade e vontade de servizo.

 

SAÍDAS LABORAIS

O grao en turismo ofrece múltiples saídas laborais tanto en empresas como en organizacións do sector turístico. Así os graduados poderán levar a cabo traballos de: dirección corporativa e institucional, xestión de destinos turísticos, dirección de hoteis, dirección comercial de intermediarios turísticos, dirección de axencias de viaxes ou de entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais; aloxamento, restauración, intermediación, planificación e xestión pública de destinos, transporte e loxística, formación, investigación, consultaría e creación de produtos turísticos ou en calquera campo relacionado con ocio e o tempo libre.

 

 

Este sitio web utiliza cookies, propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

Acepto